Competition in this pair is now closed. Discussion and feedback about the competition in this language pair may now be provided by visiting the "Discussion & feedback" page for this pair. Entries may also be individually discussed by clicking the "Discuss" link next to any listed entry. Source text in Spanish La paradoja de la góndola (del supermercado, no de Venecia), que no existe y acabo de acuñar, establece que la frustración generada por el tiempo perdido eligiendo un producto es directamente proporcional a la irrelevancia de esa decisión para nuestras vidas. Dicho de otro modo, es lo que pasa cuando uno se queda mirando bidones de lavandina sin saber cuál llevarse. Poco puede variar entre una fórmula de hipoclorito de sodio y otra cuando lo que interesa es su poder de desinfección, y sin embargo ahí nos quedamos, mirando y comparando bidones como si fueran chocolates suizos.
Pero siglos antes de la existencia del supermercado como lo conocemos vivió Jean Buridan, filósofo francés que defendía la existencia del libre albedrío y afirmaba que es posible tomar cualquier decisión utilizando la razón. En respuesta, algunos críticos de su postura imaginaron la situación de un asno frente a dos montones de heno que, ante la duda infinita de cuál es el más apetitoso, no puede decidir y muere de hambre.
Se trata, según algunos, de una paradoja, ya que pudiendo comer no lo hace porque no puede decidir qué montón es más conveniente (ambos montones le parecen iguales). Pero lejos de hacerme pensar sobre el rol de la razón en la toma de decisiones, a mí esta historia me despierta una pregunta sobre el asno. Y lo que me pregunto no es qué hace o no el asno, sino qué sabe. Y, más específicamente, si sabe que no sabe cuál es la mejor decisión posible.
| Winning entries could not be determined in this language pair.There were 3 entries submitted in this pair during the submission phase. Not enough votes were submitted by peers for a winning entry to be determined.
Competition in this pair is now closed. | O paradoxo da góndola (do supermercado, non de Venecia), que non existe e que veño de acuñar, establece que a frustración xerada polo tempo perdido elixindo un produto é directamente proporcional á irrelevancia desa decisión para as nosas vidas. Dito de outro xeito, é o que pasa cando un queda fitando bidóns de lavandina sen saber cal levar. Pouco pode variar entre unha fórmula de hipoclorito de sodio e outra cando o que interesa é o seu poder de desinfección, e sen embargo aló nos quedamos, fitando e comparando bidóns coma se fosen chocolates suízos. Pero séculos antes da existencia do supermercado coma o coñecemos viviu Jean Buridan, filósofo francés que defendía a existencia do libre albedrío e afirmaba que é posible tomar calquera decisión utilizando a razón. En resposta, algúns críticos da súa postura imaxinaron a situación de un asno fronte a dous montóns de feo que, ante a dúbida infinita de cal será o máis saboroso, non pode decidir e morre de fame. Trátase, segundo algúns, dun paradoxo, xa que podendo comer non o fai porque non pode decidir que montón é máis conveniente (ambos montóns lle parecen iguais). Pero lonxe de me facer pensar sobre o rol da razón na toma de decisións, a min esta historia espértame unha pregunta sobre o asno. E o que me pregunto non é que fai ou non o asno, senón que sabe. E, máis propiamente, se sabe que non sabe cal é a mellor decisión posible. | Entry #32963 — Discuss 0 — Variant: Not specifiednone
Voting points | 1st | 2nd | 3rd |
---|
0 | 0 | 0 | 0 |
| O paradoxo da góndola (do supermercado, non de Venecia), que non existe e acabo de cuñar, establece que a frustración xerada polo tempo perdido ao elixir un produto é directamente proporcional á irrelevancia desa decisión para as nosas vidas. Dito doutro xeito, é o que ocorre cando un queda a mirar para as garrafas de lixivia sen saber cal levarse. Pouco pode variar entre unha fórmula de hipoclorito de sodio e outra cando o que interesa é o seu poder de desinfección e, no entanto, aí quedamos, mirando e comparando garrafas como se de chocolates suízos se tratase. Pero séculos antes da aparición do supermercado tal e como o coñecemos viviu Jean Buridan, filósofo francés que defendía a existencia do libre albedrío e afirmaba que é posible tomar calquera decisión co uso da razón. En resposta, algúns críticos da mesma postura imaxinaron a situación dun asno fronte a dúas moreas de feo que, ante a dúbida infinita de cal é o máis apetitoso, non pode decidir e morre de fame. Trátase, segundo algúns, dun paradoxo, xa que podendo comer non o fai porque non pode decidir que é máis conveniente (ambas moreas parécenlle iguais). Pero lonxe de facerme pensar sobre o rol da razón na toma de decisións, esta historia esperta en min unha pregunta sobre o asno. E o que me pregunto non é que fai ou non fai o asno, senón que sabe. E, máis especificamente, se sabe que non sabe cal é a mellor decisión posible. | Entry #33076 — Discuss 0 — Variant: Not specifiednone
Voting points | 1st | 2nd | 3rd |
---|
0 | 0 | 0 | 0 |
| O paradoxo da góndola (as que hai nos supermercados, non as de Venecia), que non existe, pero que veño eu de acuñalo, establece que a frustración xerada polo tempo perdido elixindo un produto é directamente proporcional á irrelevancia desa decisión nas nosas vidas. Ou o que vén sendo o mesmo, é o que acontece cando un queda a mirar as botellas de lixivia sen saber cal levar. Unha fórmula de hipoclorito de sodio pouco pode variar de outra cando o que interesa é o seu poder de desinfección, mais aí ficamos, a ollar e comparar as botellas como se foran chocolates suízos. Se nos remontamos séculos antes da existencia do supermercado tal e como o coñecemos hoxe en día, atopamos a Jean Buridan, un filósofo francés que defendía a existencia do libre albedrío e que afirmaba que é posible tomar calquera decisión usando a razón. En resposta, algúns críticos da súa postura imaxinaron a situación dun asno diante de dúas moreas de feo que, ante a dúbida infinita de cal é o máis apetitoso, non pode decidir e morre coa fame. Trátase, segundo algúns, dun paradoxo, xa que, pudendo comer, non o fai porque non pode decidir que morea é a máis conveniente (ámbalas moreas lle parecen iguais). Porén, lonxe de me facer pensar sobre o rol que xoga a razón na toma de decisións, a min esta historia exponme unha dúbida sobre o asno. A miña pregunta non é o que fai o asno, senón o que sabe. E aínda vou máis alá: se sabe que non sabe cal é a mellor decisión posible. | Entry #33635 — Discuss 0 — Variant: Not specifiednone
Voting points | 1st | 2nd | 3rd |
---|
0 | 0 | 0 | 0 |
| | | | | X Sign in to your ProZ.com account... | | | | | | ProZ.com translation contestsProZ.com translation contests offer a fun way to take a break from your normal routine while testing and honing your skills with fellow translators.
ProZ.com Translation Contests. Patent pending. |