La paradoja de la góndola (del supermercado, no de Venecia), que no existe y acabo de acuñar, establece que la frustración generada por el tiempo perdido eligiendo un producto es directamente proporcional a la irrelevancia de esa decisión para nuestras vidas. Dicho de otro modo, es lo que pasa cuando uno se queda mirando bidones de lavandina sin saber cuál llevarse. Poco puede variar entre una fórmula de hipoclorito de sodio y otra cuando lo que interesa es su poder de desinfección, y sin embargo ahí nos quedamos, mirando y comparando bidones como si fueran chocolates suizos.
Pero siglos antes de la existencia del supermercado como lo conocemos vivió Jean Buridan, filósofo francés que defendía la existencia del libre albedrío y afirmaba que es posible tomar cualquier decisión utilizando la razón. En respuesta, algunos críticos de su postura imaginaron la situación de un asno frente a dos montones de heno que, ante la duda infinita de cuál es el más apetitoso, no puede decidir y muere de hambre.
Se trata, según algunos, de una paradoja, ya que pudiendo comer no lo hace porque no puede decidir qué montón es más conveniente (ambos montones le parecen iguales). Pero lejos de hacerme pensar sobre el rol de la razón en la toma de decisiones, a mí esta historia me despierta una pregunta sobre el asno. Y lo que me pregunto no es qué hace o no el asno, sino qué sabe. Y, más específicamente, si sabe que no sabe cuál es la mejor decisión posible.
| O paradoxo da góndola (as que hai nos supermercados, non as de Venecia), que non existe, pero que veño eu de acuñalo, establece que a frustración xerada polo tempo perdido elixindo un produto é directamente proporcional á irrelevancia desa decisión nas nosas vidas. Ou o que vén sendo o mesmo, é o que acontece cando un queda a mirar as botellas de lixivia sen saber cal levar. Unha fórmula de hipoclorito de sodio pouco pode variar de outra cando o que interesa é o seu poder de desinfección, mais aí ficamos, a ollar e comparar as botellas como se foran chocolates suízos. Se nos remontamos séculos antes da existencia do supermercado tal e como o coñecemos hoxe en día, atopamos a Jean Buridan, un filósofo francés que defendía a existencia do libre albedrío e que afirmaba que é posible tomar calquera decisión usando a razón. En resposta, algúns críticos da súa postura imaxinaron a situación dun asno diante de dúas moreas de feo que, ante a dúbida infinita de cal é o máis apetitoso, non pode decidir e morre coa fame. Trátase, segundo algúns, dun paradoxo, xa que, pudendo comer, non o fai porque non pode decidir que morea é a máis conveniente (ámbalas moreas lle parecen iguais). Porén, lonxe de me facer pensar sobre o rol que xoga a razón na toma de decisións, a min esta historia exponme unha dúbida sobre o asno. A miña pregunta non é o que fai o asno, senón o que sabe. E aínda vou máis alá: se sabe que non sabe cal é a mellor decisión posible. |